Únete á marcha virtual mundial contra a guerra do Iraq

avaazlogoanimated.gifSábado 27 de Xaneiro centos de millares de estadounidenses manifestaranse en Washington reclamando ao seu goberno un plano para acabar coa guerra no Iraq. Militantes de Avaaz portarán faixas co número de persoas que, desde outros lugares do mundo, apoian esa mobilización.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Stop Paraquat. Ciberacción: Xuízo a Syngenta

A agroquímica suíza Syngenta é o primero produtor mundial de paraquat, un herbicida altamente tóxico que comercializa co nome Gramoxone e co que anualmente gaña centos de millóns de dólares. En Suíza o seu uso está prohibido, non así en muitos países “en desenvolvimento” onde envelena a decenas de millares de persoas. Non existe antídoto.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Os reis trouxéronme lixo

O noso modo de vida xera degradación ambiental e inxustiza social. Xeramos cada vez máis residuos. Co noso sobreconsumo de materiais e enerxía estamos a devorar o planeta e o futuro. Vivimos de modo insustentábel todo o ano, mais a situación agrávase coas festas dos excesos consumistas por excelencia: o Nadal. O Día de Reis é só un caso máis: os agasallos veñen acompañados de toneladas de lixo. Aquí tes unha selección das fotos recebidas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...