VII Xornadas Galegas de Educación Ambiental. A educación Ambiental: un servizo público?

VII Xornadas Galegas de Educación AmbientalA Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) comunica a celebración das VII Xornadas Galegas de Educación Ambiental. Nesta edición pretendemos tomar o relevo das xornada galegas que non se realizan dende o 2009 para debater o estado da Educación Ambiental en Galicia no tocante a súa presenza nas políticas públicas. Queren poñer enriba da mesa o debate da Educación Ambiental como servizo público; como dereito da cidadanía e deber das administracións. Analizar a situación actual e reflexionar sobre que habería que cambiar na Educación Ambiental e propostas para facelo. Tamén ofrecerán un espazo para o coñecemento de experiencias de Educación Ambiental.

Toda a información no blog da SGEA

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Oaxaca, represión e morte

oaxaca1En Nochixtlán (Oxaca), Estado do sul de México, a represión das forzas policiais contra mestres, cumplindo ordes do goberno do País, deixa un saldo desolador: 8 mortos, case 50 feridos así como tamén falan de 15 detidos e, máis de 23 desaparecidos, que tendo en conta os últimos datos que sabemos, poden  corresponder a corpos que apareceron queimados nas cunetas.

Non contentos con golpear, deter e asasinar, as forzas policiais represoras evitaron que os feridos poidesen ter acceso  a atención médica nos hospitais polo que tiveron que ser atendidos dentro das instalacións da igrexa de Nochixtlán por médicos a nivel particular, viciños e compañeiros.

Todo comezou  cando mestres e alumnas da normal rural protestaban contra a reforma educativa e solicitaban unha mesa de diálogo co goberno para debater e buscar acordos sobre a nova lei de educación. A protesta  facía-se efectiva cortando, en intervalos regulares de cinco minutos, o tráfico na estrada  federal México-Cuernavaca  e á altura da rotonda “La paloma de la paz”. Posteriormente aos asasinatos, as protestas se ampliaron e intensificaron noutras zonas dos estados do sul de México como Guerrero, Michoacan, Tabasco,...denunciando a represión que estaban a sofrer mestres e pais que se opuñan á reforma educativa e esixindo ao presidente Enrique Peña que detivese a criminal represión da que estaban sendo obxecto.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

17 de abril, día da loita campesiña. 20 anos de resistencia!

Via Campesina GAL web

 

O 17 de abril de 1996 máis de mil labregas e labregos do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil (MST) dirixíanse á capital do estado de Pará, nunha marcha polo dereito a unha terra de seu. Ese día a policía militar cortoulles o paso na autoestrada, no lugar de Eldorado de Carajás, abrindo fogo indiscriminado contra a multitude. Asasinaron a 19 persoas e deixaron feridas a centos delas. A policía facía así o traballo sucio á empresa mineira que dous anos antes botara a esas campesiñas das súas terras, actuando coa impunidade de quen sabe que non habería responsábeis a pagar por isto. De feito, só dous oficiais foron declarados culpábeis, aínda en 2012. Este día foi sinalado pola Vía Campesiña e multitude de organizacións como o día internacional da loita labrega.

Engadir comentario (0)

Ler máis...