Verdegaia analiza o novo currículum estatal da Educación Primaria

Os contidos e obxectivos relacionados coa conservación da natureza, a ecoloxía e valores como a paz e a solidariedade perden presenza de xeito alarmante

escola publicaO Ministerio do señor Wert vén de sacar á luz o Decreto do novo currículum de ensino primario. A escora ideolóxica do mesmo faise patente desde as consideracións xenéricas ata os contidos e criterios de avaliación máis específicos.

Se cando presentamos o noso traballo sobre “Análise do currículum oculto antiecolóxico1” afirmábamos que o currículum LOE deixaba pouco espazo para os contidos e obxectivos relacionados coa conservación da natureza, a reciclaxe, o aforro enerxético, a igualdade sexual...agora temos que lamentar que a presenza destes contidos e obxectivos vese claramente reducida, cando non é que desaparecen directamente.

Chama a atención, desde o punto de vista do ecoloxismo e o conservacionismo, o xiro copernicano experimentado na área de Coñecemento do Medio (agora desdobrada en Ciencias Naturais e Ciencias Sociais). Nela, o Bloque “O entorno e a súa conservación”, desaparece, directamente; e o Bloque A diversidade dos seres vivos pasa a chamarse Os seres vivos”. A diversidade, ao parecer, non é o máis importante.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia adhírese á Alianza Social Galega. Manifestación o 27 de febreiro en Ribeira.

Verdegaia adhírese á Alianza Social Galega e apoia a manifestación do día 27 de febreiro en Ribeira. O lema é POR OUTRA SAÍDA DA CRISE. Podedes descargar o manifesto aquí.

Engadir comentario (0)

30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz

"Agora toca xogar, ensaiar, modificar, reinventar"Profes en luta

Xesús R. Jares

 

 

Aproveitando a efeméride do Día Escolar pola Paz, Verdegaia quere lembrar:

Engadir comentario (0)

Ler máis...