30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz

"Agora toca xogar, ensaiar, modificar, reinventar"Profes en luta

Xesús R. Jares

 

 

Aproveitando a efeméride do Día Escolar pola Paz, Verdegaia quere lembrar:

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Apoio ó comunicado do Grupo de Axitación Social ante as detencións en Vigo, Lugo e Ciudad Real

Verdegaia apoia o comunicado dos movementos sociais de Vigo ante as detencións da barrotessemana pasada en Vigo, Lugo e Ciudad Real. Ante a grave escalada represiva que se está a dar nos últimos tempos contra todos os sectores populares. Podedes descargar o comunicado no seguinte enlace.

Engadir comentario (0)

Verdegaia propón que Vigo abandone SOGAMA

Verdegaia ven de propoñerlle ao concello de Vigo que asuma con firmeza a súa oposición a SOGAMA e opte por un sistema alternativo de xestión de residuos no que prevaleza a reciclaxe e a compostaxe.Sogama Areosa 2

A subida no canon que os concellos pagan a SOGAMA pon de manifesto a insustentabilidade, tamén financeira, dun proxecto que dende o inicio demostrou ser incapaz de solucionar o problema para o que foi creado: a xestión dos residuos sólidos urbanos. Os números oficiais de SOGAMA demostran sobradamente o fracaso do seu modelo de xestión: só en 2012 incinerou 554.317 toneladas de residuos e botou 256.057 toneladas no vertedoiro de Areosa. A pesar de que a meirande parte deses residuos podían ter sido recuperados, a opción escollida foi incineralos, é dicir, empregar a atmosfera como vertedoiro de partículas contaminantes que o ciclo da auga se encargará de devolver á terra.

Engadir comentario (0)

Ler máis...