17 de abril, día da loita campesiña. 20 anos de resistencia!

Via Campesina GAL web

 

O 17 de abril de 1996 máis de mil labregas e labregos do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil (MST) dirixíanse á capital do estado de Pará, nunha marcha polo dereito a unha terra de seu. Ese día a policía militar cortoulles o paso na autoestrada, no lugar de Eldorado de Carajás, abrindo fogo indiscriminado contra a multitude. Asasinaron a 19 persoas e deixaron feridas a centos delas. A policía facía así o traballo sucio á empresa mineira que dous anos antes botara a esas campesiñas das súas terras, actuando coa impunidade de quen sabe que non habería responsábeis a pagar por isto. De feito, só dous oficiais foron declarados culpábeis, aínda en 2012. Este día foi sinalado pola Vía Campesiña e multitude de organizacións como o día internacional da loita labrega.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia denuncia o asasinato de Berta Cáceres

Berta CaceresBerta era un símbolo de moitas loitas, dende o feminismo, os dereitos indíxenas e a defensa da natureza. Coordinadora do Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras, cun papel destacado no activismo tanto antes como despois do golpe de Estado nese país. Foi asasinada na madrugada deste xoves 3 de marzo, na súa propia casa.

Deixamos aquí a ligazón ao vídeo dunha entrevista feita co gallo da concesión a Berta do Goldman no 2015, pola súa defensa do medio ambiente. Tamén a páxina da COPINH e outra ligazón coa nova da súa morte. Outro asasinato dunha defensora da vida, da vida que paga a pena vivir.

 https://www.youtube.com/watch?v=S-2Muwo1jls

http://www.copinh.org/

http://www.resumenlatinoamericano.org/2016/03/03/honduras-asesinan-a-berta-caceres-lider-indigena-de-honduras/

Engadir comentario (0)

Texto de adesom para colectivos sociais, organizaçons e sindicatos sobre a “Operación Jaro”

Non a ilegalizaçom das organizaçons politicasEm 30 de outubro passado, nove independentistas galegas e galegos forom detidos pola Guardia Civil numha presunta “operación antiterrorista” e acusados de dous delitos de “integraçom en banda armada” e “enaltecemento do terrorismo” que poderiam supor anos de prisom.

As detençons estiveron acompanhadas dum importante dispositivo mediático que socializou a versom policial, condenando sem juízo prévio as nove pessoas detidas, vulnerando a sua presunçom de inocencia e ocultando o impulso político do operativo policial.

Engadir comentario (0)

Ler máis...