Galiza, contra os tratados de libre comercio

en beneficio do poboVerdegaia é un dos moitos colectivos de todo tipo que nos xuntamos para denunciar os tratados de libre comercio e investimentos que están a negociarse entre os Estados Unidos e a U.E. Os TTIP, CETA, TISA e TPP, xunto a outra manchea de acordos similares que se están a dar de xeito bilateral ou multilateral entre diversos estados do mundo. Todos supoñen un novo avance dos proxectos neoliberais e neocoloniais.

Son tratados que manexan unha única idea de progreso, ligada ao capitalismo industrial máis agresivo, e que pretenden seguir a estender este modelo global como única vía de saída posíbel ante os desafíos do mundo presente e futuro.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Presentación do libro "En la espiral de la energía"

espiral vigo-1024x1024-Luns 15 de xuño: Compostela, Facultade de Filosofía, 20h.

-Martes 16 de xuño: Vigo, local da cooperativa Árbore, 19:30h.

Achégase a fin dun mundo... a do mundo capitalista devorador da terra e das persoas. E agora que?

Pois agora é un bo momento para coñecer as propostas do ecoloxismo social. Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción) pasará por Compostela e Vigo para presentar En la espiral de la energía, un libro sobre a historia do planeta e da humanidade dende a perspectiva do consumo enerxético e material. Unha obra a dúas mans, comezada por Ramón Fernández Durán, que trata nos seus dous volumes sobre as formas de habitar o territorio, economías, sistemas políticos, tipos de traballo, demografía, loitas sociais, formas de relacionarse co entorno, etc. E analiza todo isto dende unha perspectiva histórica e metabólica, centrada nas interaccións de todos estes vectores e as súas consecuencias no plano enerxético, que está na base de todo sistema vivo.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Visita ao centro residencial da asociación APAMP

Visita ao centro residencial da asociación APAMP O pasado venres 26 de maio estivemos a presentar Verdegaia no centro residencial que ten a asociación de familiares de persoas con parálise cerebral, APAMP, no barrio de Navia, en Vigo. O motivo foi a invitación que nos fixeron ás súas actividades dos venres e a súa inquietude por tratar sobre problemáticas medioambientais.

Dende aquí o noso agradecemento pola boa acollida e o interese demostrado. Un gustazo estar con vós!

Engadir comentario (0)