Novas de Verdegaia-Vigo

Mércores 29 de Junho e Xoves 30: Charlas sobre memória histórica na Cova dos Ratos

CharlasMemoriaHistóricaMércores 29 de Junho às 20:30. A represom durante e depois do franquismo. A cargo de Telmo Comesanha, presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Historica do 36

Xoves 30 de Junho às 20:30. O Piloto, o último guerrilheiro anti-franquista. A cargo de Afonso Eiré Lopez, estudoso e ativista da memória histórica, autor dum livro e dum guiom cinematográfico sobre o Piloto.

Engadir comentario (0)

En todas mans. Proxección do documental e coloquio

cataz documentário - en todas as mansO próximo venres 10 de xullo, ás 20h00 no centro social A Revolta do Berbés (R/Real, 12 ), veremos o documental "En todas as mans" un proxecto audiovisual sobre os montes veciñais en man común.

Teremos con nós a parte da equipa técnica do documental para que nos presenten o seu traballo e para participar nun coloquio ao finalizar a proxección.

O evento está organizado por A Revolta, Verdegaia e G.A.S.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Vai de Roteiros! Interpretando o litoral de Cangas a Barra

Cartaz Roteiro Cangas - Barra“Verdegaia organizará o vindeiro domingo 15 de marzo un novo roteiro encadrado no programa Vai de roteiros!, nesta ocasión polo litoral sur da península do Morrazo entre a vila de Cangas e a praia de Barra. O percorrido abrangue diferentes entornos do litoral cangués como o espazo de punta Balea, a praia de Liméns e Nerga. Coas mellores vistas das Cíes de camiño, achegarémonos a distintos aspectos dos valores naturais e culturais deste entorno. A influencia antrópica evidente na tranformación do medio natural costeiro e na construcción de infraestructuras, algunhas delas xa case esquecidas, non consegue eclipsar a beleza natural e o valor ecolóxico deste entorno litoral próximo a cara exterior da ría. No contexto xeográfico da costa da Vela, lugar de importancia comunitaria (LIC), chegaremos camiñando ata a praia de Barra resgardada xunto ó seu amplo sistema dunar pola prolongación cara á ría que forman cabo Home e punta Robaleira e Subrido. Tras descansar e repoñer forzas nas súas areas, voltaremos arredor das 15h da tarde cara a vila de Cangas polo mesmo camino aínda que de xeito máis breve que a ida”.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Un circo instalado en Mos mantén leóns a 2ºC

Circus Kaos CartelVerdegaia esixe das administracións locais que non promovan nin apoien actividades que supoñan un maltrato cara os animais

Esta semana atopamos máis un exemplo de maltrato animal, desta feita nas instalacións do Cirkus Kaos instalado no concello de Mos. A pesar de contar con un repertorio variado de malabaristas e pallasos, é un dos circos que se resiste a abandonar a utilización de animais. Animais forzados a vivir en condicións aberrantes para á súa natureza e adestrados para desenvolver actividades antinaturais para lecer dos humanos. O caso dos leóns é paradigmático, en lugar de estar na sabana africana terán que soportar en gaiolas minúsculas as xélidas noites desta semana.

As administracións locais, detentoras da potestade para conceder aos circos a autorización de instalación, deben recapacitar sobre as eventuais vantaxes da realización deste tipo de exhibicións no territorio que administran. Os cativos, que son xeralmente o público maioritario, reciben unha versión terxiversada e falsa dos animais, resultando de todo anti pedagóxico. Moi distante dunha educación ambiental que ensine a observar, comprender, respectar e amar as demais formas de vida.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Irregular recheo dunha barreira no Cerquido

Cerquido Andorina"A Asociación Española de Herpetogía (AHE), a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e Verdegaia presentaron un escrito común polo recheo dunha barreira no Cerquido (a carón do Lugar de Importancia Comunitaria -L.I.C.- Gándaras de Budiño). Nesta barreira observáronse tres individuos de sapoconcho europeo (Emys orbicularis), especie que conta cun Plano de Recuperación da Xunta de Galicia e está catalogada como “en perigo de extinción” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (en adiante C.G.E.A.). Outras especies interesantes eran o espiñento (Gasterosteus aculeatus), especie catalogada como “vulnerable” no C.G.E.A. e diversos anfibios como limpafontes verde (Triturus marmoratus), limpafontes común (Lissotriton boscai), sapiño pinto (Discoglossus galganoi), ra patilonga (Rana iberica) catalogada como “vulnerable” no C.G.E.A., estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax perezi), sapo curriqueiro (Bufo calamita) e sendo inclusive unha zona potencial de cría do sapiño de esporóns (Pelobates cultripes), en perigo de extinción no L.I.C. e catalogada como “vulnerable” no C.G.E.A.

Engadir comentario (0)

Ler máis...