Novas do NC A Coruña

Somos cidade! Plataforma pola mobilidade da Coruña

O próximo mércores 8 de febreiro, a Plataforma pola Mobilidade vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade. O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Roteiro polas Fragas do Eume - Val de Xestoso

O vindeiro 29 de novembro, o N.C. de Verdegaia na Coruña organiza un roteiro polas Fragas do Eume, na zona do Val do Xestoso, para dar a coñecer os valores naturais desta parte das Fragas que permanece descoñecida se a comparamos coa súa irmá, a Fraga de Caaveiro. O roteiro ten unha lonxitude duns 11 km, dificultade intermedia e contará cun guía que dará explicacións sobre o percorrido. 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia medra: Novo NC na Coruña e representante local en Ribeira

Sábado 31 de Maio celebrouse a asemblea constituínte do Núcleo Comarcal de Verdegaia na Coruña. Con este, son cinco os Núcleos Comarcais de Verdegaia, aos que hai que engadir, ademais, a designación ―na Comisión Coordenadora Xeral de 24 de Maio― dunha representante local en Ribeira. 

Engadir comentario (0)

Ler máis...