Novas do Núcleo

Ence fora da Ría

 Ence tense gañado a pulso un posto de honra no podio dos desastres socioambientais da Galiza. En primeiro lugar, polo seu impacto directo: É a industria responsable da contaminación por mercurio (o máis velenoso dos metais pesados) na Ría de Pontevedra, destruíndo o ecosistema e privándonos dunhas excelentes zonas de marisqueo e baño. Ence é tamén é promotora e responsable da eucaliptización do país: As ubicuas plantacións de eucalipto que poboan a Galiza ( aproximadamente 40% da superficie forestal)1 non terían senso sen esta industria.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Roteiro polos chozos do Suído

suido1.jpg

O vindeiro domingo, 17 de abril, realizamos un novo roteiro do Programa Vai de Roteiros de Verdegaia en colaboración con ASCEL e Asamblea do Suído. organizando unha ruta polos chozos e unha visita a un dos foxos de lobo da Serra do Suído, situada nos concellos pontevedreses de A Lama, Fornelos de Montes e Covelo e ourensáns de Avión e Beariz. Son os restos dun modo de vida tradicional que perdurou (e perdura ainda en parte) nesta Serra do Sur da Dorsal galega. Os chozos son unhas construccións que protexían aos pastores das inclemencias climáticas e os foxos son unhas antigas trampas medievais que se empregaban para cazar lobos. A persecución do gran carnívoro naquela época foi espectacular. Na actualidade, nesta Serra pervive ainda o lobo e parte da cultura asociada.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Vai de Roteiros: saída ornitolóxica polo Complexo Intermareal Umia-O Grove

O vindeiro Domingo 19 o NC de Pontevedra realiza unha saída ornitolóxica encadrada dentro do programa Vai de Roteiros de Verdegaia. O obxetivo é coñecer a avifauna deste espazo protexido. Con ese motivo realizarase un percorrido en función da marea que regula as posibilidades de observación das aves. Citáremonos ben cedo, ás 8h30 no pavillón de deportes de Pontevedra para estarmos ás 9h no aparcamento da Lanzada (antiga pista de aterraxe) e comezarmos o percorrido.

Recomendamos traer bocatas, prismáticos, telescopios e guías de aves. A saída non será un percorrido a pé pola enseada, senón que constará de desprazamentos e paradas entre os puntos de observación máis interesantes do espazo protexido.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Cineforum en Pontevedra: Gran Superficie

O vindeiro Mércores 15 de Decembro, ás 20h30 no local de Amarante (Rúa san Román 9), situado entre a Praza da Verdura e a Praza da Ferrería de Pontevedra, terá lugar outra sesión do Cineforum "Coñecer para Cambiar", organizada por Verdegaia e que será moderado por Soledad Cabanelas. Neste caso visionarase o documental  "Gran Superficie", realizado por "Consume hasta morir (Ecoloxistas en acción)". Fala do papel da publicidade no sistema actual de sobreprodución e sobreconsumo. A través de entrevistas e varios exemplos de intromisión publicitaria, analizánse temáticas coma alimentación, medios de comunicación ou educación. Aborda o consumismo cun punto de vista crítico, como xerador de infelicidade. Máis información en pontevedra(a)verdegaia.org ou no 655329712. Agardamos a vosa participación!!.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Videofórum en Pontevedra, 2 de Decembro: As montañas do Norte

O Videoforum organizado polo NC de Verdegaia en Pontevedra continúa. Nesta ocasión, o día 2 de Decembro ás 20h30, difundirase o documental "Las Montañas del Norte" producido pola Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica (www.cordilleracantabrica.org) que será moderado por Rubén Portas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...