Novas do Núcleo
O troco chega a Pontevedra con Amarante e Verdegaia
- Detalles
- Publicado o Martes, 27 Outubro 2009 19:05
- Visitas: 1602
O grupos comarcais de Amarante e Verdegaia de Pontevedra imos poñer en marcha un MERCADIÑO DE TROCO. A iniciativa xurde da colaboración das dúas organizacións no campo do
Consumo Responsable e seguindo exemplos de outras vilas galegas, coma é
o caso de Vigo, onde diversos colectivos realizan unha vez ao mes esta
iniciativa.
Verdegaia esixe a recuperación da liña de costa orixinaria da ría de Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Sábado, 26 Setembro 2009 12:51
- Visitas: 1703
O núcleo comarcal de Verdegaia en Pontevedra cre que o proxecto de bulevar para as Corbaceiras presentado polo concello durante a semana da mobilidade, a partir de Quiroga Palacios, é unha nova agresión á ría xa que non faría máis que consolidar a ocupación do terreo costeiro iniciado na década dos cincuenta coa autovía Pontevedra-Marín e coa implantación das empresas Celulosas e Elnosa e posteriormente co trazado de tren ao porto de Marín.
Comeza ciclo de tertulias ecoloxistas en Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Martes, 22 Setembro 2009 15:45
- Visitas: 1779
Este xoves 24 de setembro ás 21:00 horas Verdegaia Pontevedra inicia o ciclo de Tertúlias medioambientais na que se abordan temas monográficos de máximo interes. O ciclo celebrarase o carto xoves de cada mes na cafetería Center 2 (fondo de Cobián Roffignac) e nunha primeira etapa abordará a seguinte temática: compra pública responsable (24 de setembro), Transxénicos (22 de outubro) e dereitos dos animais (19 de novembro).
Pontevedra acolle a maior mobilización antitaurina da súa historia
- Detalles
- Publicado o Luns, 03 Agosto 2009 00:05
- Visitas: 1537
Mais millar de persoas convocadas pola Coordinadora Antitouradas de Pontevedra e apoiada por colectivos como Matar por Matar Non, Galiza sen touradas, Verdegaia e Amarante, entre outros, mobilizáronse hoxe polas rúas de Pontevedra para amosaren o seu rexeitamento a esta modalidade de tortura e para esixir a súa retirada do programa das festas por parte do concello.
Verdegaia Pontevedra súmase á manifestación do 1 de agosto contra as touradas
- Detalles
- Publicado o Mércores, 29 Xullo 2009 16:18
- Visitas: 1507
O
Nucleo Comarcal de Verdegaia en Pontevedra súmase á manifestación que
o 1 de agosto a partir das 19,00 horas sairá da praza da Peregrina
para amosar o rexeitamento da cidadanía ás tourada como espectáculo
cruel e impropio dunha sociedade avanzada do século XXI. Para
Verdegaia, as torturas a animais non poden ser consideradas nin arte
nin cultura e cre que as autoridades,en lugar de promocionaren as touradas,
deberían tomar medidas para a súa supresión, particularmente o actual equipo de goberno municipal de Pontevedra, que tras 10 anos aínda non deu ningún paso para suprimir as touradas das festas.







