Novas do Núcleo
Domingo 15 de xullo. Roteiro polo río Lérez
- Detalles
- Publicado o Venres, 10 Xullo 2009 19:26
- Visitas: 1614
Verdegaia-Pontevedra organiza para este domingo 12 de xullo un ROTEIRO póla ribeira do Lérez na súa zona baixa entre a Xunqueira e Bora. A camiñata cunha duración de tres horas saira ás 9,30 horas desde a facultade de Ciencias da Educación e deportes, no campus da Xunqueira. Durante o mesmo ademais de disfrutar do entorno sinalaranse os elemento de biodiversidade mais interesante e os aspectos de impacto ambiental a corrixir.
Verdegaia cuestiona a pureza do río Lérez, orgullo do Concello de Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Martes, 07 Xullo 2009 15:49
- Visitas: 1509
O Núcleo Comarcal de Verdegaia en Pontevedra quere chamar a atención as autoridades
do Concello de Pontevedra sobre o estado do tramo do Río Lérez que pasa
polo concello. Durante
unha visita polo tramo baixo do Río Lérez realizada por membros do
núcleo comarcal, detectáronse numerosos
impactos ambientais derivados principalmente das obras realizadas e
promovidas polo Concello de Pontevedra que afectan tanto ó bosque de
ribeira como ao leito do río.
Presentación pública de Verdegaia Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Martes, 23 Xuño 2009 18:41
- Visitas: 1543
Hai uns días un grupo de persoas constituíamos en Pontevedra o núcleo comarcal de Verdegaia. Faciámolo entendendo que na nosa comarca facía falla unha organización ecoloxista que abordara de xeito global e cun claro concepto de ecoloxismo social os graves problemas ecolóxicos que existen no noso entorno e a solución aos mesmos – defensa da biodiversidade, loita contra a contaminación, os dereitos dos animais, un modelo de transporte público e ecolóxico, un novo modelo de consumo sostible, a loita contra os transxénicos e pola produción ecolóxica, ...
Verdegaia segue a medrar: Constituído o Núcleo Comarcal de Pontevedra
- Detalles
- Publicado o Xoves, 04 Xuño 2009 00:38
- Visitas: 1708
O pasado Xoves 28 de Maio celebrouse a asemblea constituínte do Núcleo Comarcal de Verdegaia en Pontevedra. Con este son seis os Núcleos Comarcais de Verdegaia, que ademais tamén conta desde Maio de 2008 cunha representante local en Ribeira.







