Transparencia

Transparencia

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Verdegaia conta entre os seus principios de organización o Principio de Transparencia e Pluralidade no Financiamento que define a obriga de manter unhas determinadas condicións no financiamento da asociación e que este sexa público e coñecido

PRINCIPIO DE TRANSPARENCIA E PLURALIDADE NO FINANCIAMENTO

Co obxectivo de favorecer a independencia e a continuidade da asociación, procurarase diversificar as fontes de financiamento externo e maximizar os ingresos procedentes de fondos propios (cuotas de socios/as, organización de actividades, venda de materiais,...). Os ingresos propios nunca serán inferiores ao 25% dos ingresos totais da asociación. Ningún dos financiadores externos poderá achegar máis dun terzo dos ingresos totais. Divulgaranse as fontes de financiamento e as cantidades achegadas por cada unha delas. Os convenios asinados con Administracións ou con empresas estarán dispoñíbeis ao público na web da asociación.

 A aplicación deste principio leva a Verdegaia a publicar anualmente unha Memoria resumo da súa actividade e das súas finanzas que alén remitirse por correo-e a todas las persoas asociadas, publícanse na web a disposición de quen o desexe.

Poñemos ao voso dispor as últimas memorias publicadas por Verdegaia

 Memoria Verdegaia 2006

 Memoria Verdegaia 2007

 Memoria Verdegaia 2008

 Memoria Verdegaia 2009

 Memoria Verdegaia 2010

 Memoria Verdegaia 2011

 Memoria Verdegaia 2012

 Memoria Verdegaia 2013

 Memoria Verdegaia 2014

 Memoria Verdegaia 2015