Transparencia

Vai de Roteiros: Programa anual de roteiros de Verdegaia

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo
logo_vai_de_roteiros.jpg
Queres recibir a información sobre os roteiros actualizada no teu correo-e? Subscrébete á nosa lista de distribución

Ver calendario

 


vai-de-roteiros-2012.jpgNos algo máis de dous anos que Verdegaia leva traballando en prol da defensa do ambiente e a transformación social, a realización de roteiros polo territorio galego foi unha constante como actividade educativa e reivindicativa. Galiza dispón dunha riqueza natural, cultural e paisaxística só comparábel ás barbaridades que tristemente tamén podemos atopar con certa facilidade... encoros, autoestradas, explotacións mineiras, etc.

Verdegaia pon en marcha o seu Programa VAI DE ROTEIROS!, co dobre obxectivo de dar forma a unha actividade que até o de agora non tiñan un fío condutor visíbel e de coñecer e valorar o mellor e o peor do noso territorio, educando e ao mesmo tempo reivindicando unha correcta xestión do mesmo.

Este programa abranguerá a totalidade da xeografía galega, e de zonas próximas á nosa comunidade, perseguindo diferentes fins como servir para divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballo conxunto entre asociacións, entre outras finalidades.

Cada terceira fin de semana do mes, un dos núcleos comarcais de Verdegaia será responsábel da organización e realización dun roteiro no que tentaremos integrar elementos naturais e culturais, educativos e reivindicativos para coñecer e valorar mellor o noso medio e o noso impacto sobre el.

CALENDARIO DE ROTEIROS

Programa 2011-2012

  • Outubro 2011: río Fondón (Nc de Vigo).

 

  • Novembro 2011: curso alto do río Sor (Nc de Ferrol).

 

  • Decembro 2011: río Arnoia (Nc de Ourense).

 

  • Xaneiro 2012: Pico Sacro (Nc de Compostela).

 

  • Febreiro 2012: enseada de San Simón (Nc de Vigo).

 

  • Marzo 2012: lagoa e areal de Valdoviño (Nc de Ferrol).

 

  • Abril 2012: río Toxa (Nc de Compostela).

  • Maio 2012: Santa Cristina de Ribas de Sil (Nc de Ourense).

  • Xuño 2012: serra do Cando (Nc de Pontevedra)

 

 2010/2011

cartaz-vai-de-roteiros-xenerico-baixa.pngOutubro: Estaca de Vares. NC de Ferrol.

Novembro: Ribeiras do río Arnoia en Allariz. NC de Ourense.

Decembro: Complexo intermareal Umia-O Grove. NC de Pontevedra.

Xaneiro: L.I.C. Costa Ártabra entre Ares e Mugardos . NC de Ferrol.

Febreiro: ---

Marzo: Serra da Groba. NC de Vigo.

Abril: Chouzos do Suído. NC de Pontevedra.

Maio: Ribeiras do Miño na cidade de Ourense. NC de Ourense.

Xuño: Illa de Ons. NC de Vigo.

 

2009/2010


2008/2009


Powered by Bullraider.com