Verdegaia solidarízase cos activistas de Greenpeace
- Detalles
- Publicado o Mércores, 22 Mai 2013 09:22
- Visitas: 3
Desde a Asociación ecoloxista VERDEGAIA, queremos amosar a nosa solidariedade cos activistas de Greenpeace, quen escalaron ao alto do Congreso dos Deputados para protestar contra a reforma
da Lei de Costas e a destrución e privatización do litoral que esta supón.
Os membros de Greenpeace que participaron nesta acción están imputados, na Audiencia Nacional (de agora en diante AN), por un “delito contra as institucións do Estado”, do artigo 493 do Código Penal que di que “os que sen alzarse publicamente, invadieren con forza, violencia ou intimidación a sede do Congreso mentres está en actividade serán castigados con prisión de tres a cinco anos".
ContraMINAcción convoca unha grande manifestación o 2 de xuño para frear a minaría salvaxe promovida pola Xunta
- Detalles
- Publicado o Martes, 21 Mai 2013 08:29
- Visitas: 12
Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción ofreceron unha rolda de prensa para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.
Proposta de Corredor Ciclable Prz.América-G.Barbón
- Detalles
- Publicado o Venres, 19 Abril 2013 15:39
- Visitas: 104
Co gallo da celebración do Dia mundial da bicicleta este venres 19 de Abril, Verdegaia presentará á concellería local de Mobilidade unha proposta para potenciar a utilización da bici como medio de transporte alternativo na cidade de Vigo.
A bicicleta promove un estilo de vida saudable fronte ao crecente sedentarismo da sociedade, non xera contaminación atmosférica nin acústica e evita que as rúas estean ateigadas de coches e motos que a diario xeran contextos de perigo para os demais usuarios da vía pública.







