Pide unha Lei estatal contra o Cambio Climático!
- Detalles
- Publicado o Sábado, 08 Outubro 2011 10:30
- Visitas: 400
A Coalición Clima demanda que todos os partidos políticos
inclúan como prioridade nos seus programas para as vindeiras eleccións xerais a
aprobación dunha Lei de Cambio Climático. A falta de compromiso político e a
presión de poderosos sectores económicos están a atrasar a resposta a unha
urxente ameaza no século XXI. Cómpre un impulso lexislativo que dea un sinal
claro sobre o camiño a seguir. A primeira obriga de calquera goberno é protexer
a seguridade e o benestar da súa cidadanía, incluídas as xeracións futuras. Esíxeo agora! .







