Atrasos inxustificados na elaboración do Plano de Ordenación do Litoral
- Detalles
- Publicado o Xoves, 21 Decembro 2006 11:50
- Visitas: 2401
De acordo coa Lei 9/2002 de ordenación urbanÃstica, o Plano de Ordenación do Litoral deberÃa estar en vigor desde o 1 de xaneiro deste ano, polo que semella inxustificábel adiar máis a súa aprobación. O Presidente da Xunta anunciou en decembro de 2005 a presentación dun avanzo deste Plano en xuño do presente ano, unha promesa incumprida de particular gravidade dada a súa urxencia.
Os principais responsables da insustentabilidade do modelo territorial galego son os Concellos que, en moitos casos, antepoñen os intereses dos promotores inmobiliarios ao interese público, ás veces mesmo vulnerando a normativa legal ou de forma corrupta. Sen unha intervención decidida por parte da Xunta e sen unha maior presión social, o sector da construción seguirá a planificar de feito o territorio en función dos seus intereses privados, á custa da destrución do medio ambiente e sen apenas contribuÃr a resolver o problema do acceso á vivenda das persoas con menores ingresos .
Verdegaia vén de presentar alegacións ao Anteproxecto de Lei de medidas urxentes en materia de ordenamento do territorio e do litoral de Galicia nas que esixe, ademais da aprobación do Plano de Ordenación, a creación do Consello Galego do Litoral, órgano consultivo con representación de todos os sectores sociais interesados na planificación do litoral co fin de contribuÃr á transparencia e á participación social, asà como a execución das ordes de demolición pendentes nos Concellos costeiros afectados por edificacións ilegais na Zona de Servidume de Protección (Z.S.P.) do Dominio Público MarÃtimo-Terrestre.
Tamén demanda que os concellos costeiros afectados por edificacións ilegais na Z.S.P do Dominio Público MarÃtimo-Terrestre executen, no máis breve prazo posible, os expedientes de demolición que teñan pendentes en dito ámbito.







