Declaración sobre o asasinato de Aldemar Parra Garcia

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Mina Pribbenow Bench Blast -  Kelly Michals en FlickrVerdegaia súmase á condena do asasinato de Aldemar Parra García e expresa as máis profundas condolencias á súa familia.

Feitos

O 7 de xaneiro, Aldemar foi asasinado por dous pistoleiros sen identificar nunha motocicleta na ruta de El Hatillo a La Loma, en plena luz do día. Era un líder da comunidade e sindicalista activo, ata hai pouco empregado na mina de Colombian Natural Resources (CNR). Parra deixa esposa e dous fillos.

Contexto rexional

O asasinato de Aldemar non é un incidente illado. Desafortunadamente, este asasinato encaixa nun estándar de violencia contra a sociedade civil e os seus líderes que vemos en toda Colombia e na rexión mineira de Cesar. Segundo o informe "sociedade civil baixo ameaza", en Cesar, polo menos 200 líderes convertéronse en vítimas de ameazas, agresións e asasinatos durante o período 2012-2016. É importante destacar que todas estas vítimas son líderes sociais, cuxos esforzos son considerados por algúns sectores da poboación de Cesar críticos co impacto das actividades mineiras na rexión. A maioría destes actos son reivindicados por ou levan a sinatura de grupos neo-paramilitares, que din defender os intereses das empresas de minería e outros axentes económicos na zona. Por exemplo, no pasado setembro Néstor Iván Martínez, líder dunha comunidade afro-colombiana que se opoñía á expansión das minas propiedade da empresa mineira americana Drummond, foi asasinado pouco despois de ser ameazado por un grupo neo-paramilitar.

Aldemar era un membro activo da comunidade de El Hatillo; unha comunidade rural que, desde 2010 veuse implicada nun longo proceso de reassentamento involuntario con tres empresas de minería. Era un membro da familia de varios líderes comunitarios críticos cun plan de reassentamento recentemente proposto polas empresas de minería. Desde o inicio de decembro, os habitantes de El Hatillo informaran da presenza de homes armados non identificados nos arredores durante as horas de escuridade. O 9 de decembro un dos membros do equipo de negociación recibiu unha chamada dicindo:
“Cierren el PAR y no jodan más con tutelas para que vea que ahora las empresas mineras si los van a mandar matar.”
A condena do asasinato de Aldemar por Prodeco e Drummond (como un incidente específico) é un primeiro paso, pero máis accións son necesarias para mitigar eficazmente a violencia contra a sociedade civil, en Cesar. Instamos:

  • as autoridades colombianas para que non traten o asasinato de Aldemar Parra Garcia como un incidente illado, senón que o afronten no contexto dun patrón de actos de intimidación e violencia contra a sociedade civil, en Cesar, e
  • a comprometerse —en liña cos acordos de paz—a accións efectivas para reprimir e procesar os membros de calquera grupo armado ilegal que actúe na rexión mineira de Cesar.
    ás empresas de minería a distanciarse publicamente de grupos neo-paramilitares que declaran operar nos seus intereses e,
  • apoiar activamente o papel de garantes d a seguridade dos que son críticos co impacto da minería en Cesar.
  • a procura de solucións eficaces e xustas para os impactos da minaría sobre a poboación local na rexión, incluíndo a reparación de violacións graves dos dereitos humanos no pasado recente, e que enfronten as cada vez menores oportunidades de subsistencia e as condicións de traballo insalubres e inseguras.
Powered by Bullraider.com