Os Encontrinhos 2018 xa están en marcha

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

EncontrinhosOs Encontrinhos 2018 xa están en marcha!

Como en anteriores edicións, os Encontrinhos prentenden ser un espazo de encontro de ciclousuarios e ciclousuarias, no que disfrutar da paisaxe, a cultura e a gastronomía das nosas vilas.

A organización dos Encontrinhos corre a cargo dun grupo de persoas cunha paixón en común, a bicicleta. Tamén colaboran na organización do evento, ademais de Verdegaia, os colectivos Pedaladas, MOBI-LIZA e SGEA.

A ruta deste ano irá desde Pontevedra a Ribeira, pasando por distintas localidades: O Grove, Cambados, Vilagarcía, Padrón e Boiro. En cada etapa percorreranse entre 25 e 50 km, e a data de inicio será o domingo 22 de xullo, rematando o seguinte domingo.

Aquelas persoas (incluídas menores) que queiran participar nos Encontrinhos 2018 deberán realizar inscrición e pagar a cota correspondente.

As prazas son limitadas, de modo que non debes deixalo para o último día.

Participando nos Encontrinhos poderás descubrir outra forma de viaxar, disfrutando do traxecto dun xeito ecolóxico e respectuoso.

Para máis información, esta é a web dos Encontrinhos.


Imaxe: Pxhere.

Powered by Bullraider.com