Mobilidade urbana alternativa

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Mobilidade UrbanaVerdegaia ven de participar n’A Pedaliña, feira da bicicleta en Vigo, cun posto no que mediante elementos gráficos amosábamos unha forma alternativa de mobilidade urbana.

Este tipo de eventos non deben reducirse a unha simple celebración, senón que deben servir para que a cidadanía tome consciencia dun tipo de mobilidade diferente que non se centre no vehículo privado motorizado.

Estamos a tempo de crear e facilitar espazos para a bicicleta. Un destes espazos son os carrís bici mais non deben reducirse a un mero carril por onde non estorbe os coches. Debe constituír unha rede que articule a mobilidade en bicicleta, tratando de facilitar a mobilidade entre os espazos de vida e de traballo. Porque o que precisamos non son proxectos megalómanos, senón unha correcta planificación e un consenso co movemento asociativo vigués da bicicleta.

Powered by Bullraider.com