Verdegaia presentou alegacións ao Regulamento Xeral de Costas

A Asociación Ecoloxista Verdegaia ven de presentar, neste mes de abril, alegacións ao Regulamento Xeral de Costas que ven desenvolver a nova  lei 2/2013:Regulamento costas

 

"Este regulamento, que ven desenvolver a nova lei de costas 2/2013, non fai máis que confirmar a mercantilización do Dominio Público Marítimo Terrestre recollido na citada lei. Unha lei que ten como finalidade a explotación económica e non a conservación do medio litoral e racha co principio de que o litoral é un ben de todos cuxa titularidade pública recollía a anterior lei.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia rexeita a construción dunha macrourbanización de luxo con campos de golf en Ribeira

En Ribeira vén de facerse pública a solicitude recentemente presentada pola sociedade Xarás S.L. para desenvolver un proxecto de urbanización de luxo con dous campos de golf, que estaría situado na parroquia de Artes, a escasa distancia do Parque dunar de Corrubedo. Golf miño

 

O complexo urbanístico, que ocuparía unha superficie de máis de 600.000 metros cadrados, albergaría tamén un hotel de luxo, ademais de varios centos de vivendas, e contaría con heliporto privado.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia súmase ás alegacións de ContraMINAcción contra o proxecto de Cementos Cosmo en Triacastela

Verdegaia vén de sumarse ás alegacións presentadas pola rede ContraMINAcción contra o proxecto de Cementos Cosmos en Triacastela. triacastela cosmos

Entre outros "pequenos detalles" a rede xa denunciou que a empresa estaba operando sen licenza, pero ademais podemos engadir que non se fixo ningún tipo de estudo sobre o patrimonio para analizar as consecuencias do proxecto.

Podedes consultar información máis completa na web da rede ContraMINAcción.

 

Engadir comentario (0)