O reparto dos dereitos de emisión de CO2 continúa favorecendo as centrais térmicas de carbón

250px-central_termica_endesa_01.jpgEcologistas en Acción, Greenpeace e Verdegaia denuncian que a proposta de asignación individualizada de dereitos de emisión de dióxido de  carbono (CO2) ás centrais térmicas favorece o carbón, malia seren as térmicas que emiten máis CO2 por KWh. A proposta do Goberno estatal conta co apoio da Xunta, que prefire ignorar que as térmicas son as maiores fontes de gases causantes do cambio climático en Galicia, mentres continúa sen presentar o Plano Galego de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

15 de novembro: apagón fronte ao cambio climático

bombilla_accion.jpgCon motivo da presentación dun novo informe científico das Nacións Unidas sobre cambio climático durante a semana do 12 ao 17 de novembro en Valencia, numerosas organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e cidadás do Estado español, entre elas Verdegaia, convocan un apagón co lema de  "FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA", para o día 15 de novembro de 2007 entre as 20,00 e as 20,05 horas da tarde.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia realiza unha comparativa de medios de transporte en Compostela, Ferrol, Ourense e Vigo

bici-coche.jpg Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, Verdegaia desenvolveu unha comparativa de medios de transporte urbanos  en catro cidades coa finalidade de establecer con datos fiábeis cal é o medio máis eficaz e eficiente para moverse pola cidade. Os datos obtidos permiten afirmar que a diferenza entre empregar a bicicleta no canto do automóbil en desprazamentos urbanos durante un ano pode evitar a emisión de 600 kg/CO2, permite gañar 210 horas de tempo e aforrar máis de 400 €.

Engadir comentario (0)

Ler máis...