O PP APROBA EN SOLITARIO O DITAME DA COMISION SOBRE O BORRADOR DA NOVA LEI DO SOLO

Este  15 de abril o grupo parlamentario do PP apoiou, en solitario, o seu ditame coas conclusión e propostas da Comisión Parlamentaria sobre a nova lei do solo. Sanxenxo

 

A oposición votou en contra deste ditame alegando que a Comisión para analisar a reforma da lei do solo fora un paripé. Na Comisiòn de estudo sobre o borrador da nova lei do solo e para a elaboración dunha nova lei  foron invitados a participar, a petición dos distintos grupos parlamentarios , xentes dos distingos grupos agrarios, do colexio de arquitectos de Galicia, do colexio de inxeñeiros, do FEGAMP e de grupos ecoloxistas entre outros.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia presentou alegacións ao Regulamento Xeral de Costas

A Asociación Ecoloxista Verdegaia ven de presentar, neste mes de abril, alegacións ao Regulamento Xeral de Costas que ven desenvolver a nova  lei 2/2013:Regulamento costas

 

"Este regulamento, que ven desenvolver a nova lei de costas 2/2013, non fai máis que confirmar a mercantilización do Dominio Público Marítimo Terrestre recollido na citada lei. Unha lei que ten como finalidade a explotación económica e non a conservación do medio litoral e racha co principio de que o litoral é un ben de todos cuxa titularidade pública recollía a anterior lei.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia rexeita a construción dunha macrourbanización de luxo con campos de golf en Ribeira

En Ribeira vén de facerse pública a solicitude recentemente presentada pola sociedade Xarás S.L. para desenvolver un proxecto de urbanización de luxo con dous campos de golf, que estaría situado na parroquia de Artes, a escasa distancia do Parque dunar de Corrubedo. Golf miño

 

O complexo urbanístico, que ocuparía unha superficie de máis de 600.000 metros cadrados, albergaría tamén un hotel de luxo, ademais de varios centos de vivendas, e contaría con heliporto privado.

Engadir comentario (0)

Ler máis...