Verdegaia realiza unha comparativa de medios de transporte en Compostela, Ferrol, Ourense e Vigo

bici-coche.jpg Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, Verdegaia desenvolveu unha comparativa de medios de transporte urbanos  en catro cidades coa finalidade de establecer con datos fiábeis cal é o medio máis eficaz e eficiente para moverse pola cidade. Os datos obtidos permiten afirmar que a diferenza entre empregar a bicicleta no canto do automóbil en desprazamentos urbanos durante un ano pode evitar a emisión de 600 kg/CO2, permite gañar 210 horas de tempo e aforrar máis de 400 €.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

A bicicleta como modo de transporte urbano e interurbano: unha aproximación á súa utilidade

pict0041.jpgNos últimos 20 anos estamos a asistir a unha explosión da demanda de transporte desmesurada que esta a convertelo nunha da principais causas da crise ecolóxica global actual e nun dos problemas fundamentais da nosa sociedade. As consecuencias están á vista: efecto invernadoiro, contaminación acústica, atmosférica e do chan, depauperización da calidade de vida nas cidades, incremento da accidentalidade.... Cómpre dar un xiro radical na forma de entender o transporte, aplicando criterios ecolóxicos e de sustentabilidade na súa xestión. Neste campo, a bicicleta ten demostrado a súa utilidade polo que é preciso recuperar o seu papel central na mobilidade das persoas. Co gallo da celebración da Semana Europea da mobilidade reproducimos este artigo de Xan Duro, Coordenador Xeral de Verdegaia.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Un paso máis cara a unha estratexia contra o cambio climático

Para Ecologistas en Acción, a pesar de certos aspectos positivos da proposta de Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa que vén de aprobar o Consello de Ministros, séguense botando en falla algúns puntos importantes na loita contra o cambio climático.

Engadir comentario (0)

Ler máis...