Verdegaia propón un novo modelo eólico para a sustentabilidade
- Detalles
- Publicado o Luns, 23 Abril 2007 10:31
- Visitas: 3648
A pesar de ser Galicia o país do mundo con maior intensidade de instalac
ión de enerxía eólica (88 kW/Km2), o desenvolvemento desta enerxía renovable pouco contribuiu á súa sustentabilidade ambiental, social e económica. Ademais, ten sido unha causa de deterioración dalgúns espazos naturais. No documento “Enerxía eólica para a sustentabilidade”, Verdegaia propón un novo modelo eólico. A política eólica da Xunta non garante o respecto a todos os espazos de maior interese natural.
Fronte ao cambio climático, menos CO2
- Detalles
- Publicado o Domingo, 22 Abril 2007 21:24
- Visitas: 1633
O Día da Terra 2007 celebrouse en diversas cidades do Estado español con
manifestacións nas que se demandaron solucións firmes contra o cambio climático. En Galicia, tivo lugar unha bicifestación en Ourense a iniciativa de Amigos da Terra, á que se sumou Verdegaia-Ourense. Ademais, ADEGA, Amigos da Terra, FEG, SGHN e Verdegaia difundiron un comunicado conxunto sobre o cambio climático que fai fincapé na necesidade de avanzarmos cara a unha mobilidade sustentable.
Comeza o programa de préstamo de bicicletas na USC
- Detalles
- Publicado o Mércores, 18 Abril 2007 00:00
- Visitas: 1865







