A Comisión Europea introduce correccións no Plano de Asignación de Dereitos de Emisión

A Comisión Europea emitiu un duro ditame sobre o Plano de Asignación de Dereitos de Emisión de COpresentado polo Goberno español en Bruxelas. O ditame amosa desconfianza perante as medidas propostas para o transporte e critica o exceso de asignación ás centrais eléctricas de carbón. Algunhas das críticas formuladas por organizacións ecoloxistas como Verdegaia e Ecologistas en Acción foron consideradas.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

28 organizacións piden á Comisión Europea que non dea a súa aprobación ao PNA 2008-2012

Coincidindo co segundo aniversario da entrada en vigor do Protocolo de Quioto,  a iniciativa de Greenpeace, 28 organizacións ecoloxistas e de cooperación ao desenvolvemento españolas, entre elas Verdegaia, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción, remitiron unha carta á Comisión Europea pedindo que non dea a súa aprobación ao Plano Nacional de Asignación de dereitos de emisión de dióxido de carbono para o período 2008-2012 de España (PNA 2) sen esixir modificacións.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Os Concellos galegos non se comprometen na loita contra o cambio climático

Verdegaia entende que a xeralidade dos Concellos galegos non está a asumir a súa parte de responsabilidade na redución das emisións que provocan o cambio climático. Os Concellos deberían integrar a loita contra o cambio climático nas súas políticas, o que incidiría positivamente na prevención do maior problema ambiental global e na mellora da calidade de vida da cidadanía. Verdegaia demanda que, cando menos as principais cidades, apliquen estratexias municipais de loita contra o cambio climático.

Engadir comentario (0)

Ler máis...