10 consellos contra o cambio climático

O cambio climático xa está aquí. Cada vez son máis as evidencias. Por exemplo, a temperatura media entre 1973 e 2004 aumentou 1,42 ºC en Galicia. “10 chiscos ao Clima” é unha acción de Ecologistas en Acción que ofrece uns consellos moi sinxelos para nos comprometermos como consumidoras e consumidores na urxente loita contra o cambio climático. Estamos a tempo de evitar un cambio climático catastrófico. A túa contribución é importante e necesaria.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Ecologistas en Acción pide ao goberno español que siga ao alemán en relación á enerxía nuclear

A xefa do Goberno alemán, Angela Merkel, vén de declarar que non ten intención de mudar a política nuclear alemá de peche escalonado das súas centrais nucleares segundo se vaian amortizando. A confederación estatal Ecologistas en Acción considera positivo este plano de peche alemán, que frearía un posible relanzamento da enerxía nuclear na UE. Ecologistas en Acción pide, por iso, que o Goberno español tome exemplo do alemán.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Atrasos inxustificados na elaboración do Plano de Ordenación do Litoral

coches_litoral De acordo coa Lei 9/2002 de ordenación urbanística, o Plano de Ordenación do Litoral debería estar en vigor desde o 1 de xaneiro deste ano, polo que semella inxustificábel adiar máis a súa aprobación. O Presidente da Xunta anunciou en decembro de 2005 a presentación dun avanzo deste Plano en xuño do presente ano, unha promesa incumprida de particular gravidade dada a súa urxencia.

Engadir comentario (0)

Ler máis...