Verdegaia súmase ás alegacións de ContraMINAcción contra o proxecto de Cementos Cosmo en Triacastela

Verdegaia vén de sumarse ás alegacións presentadas pola rede ContraMINAcción contra o proxecto de Cementos Cosmos en Triacastela. triacastela cosmos

Entre outros "pequenos detalles" a rede xa denunciou que a empresa estaba operando sen licenza, pero ademais podemos engadir que non se fixo ningún tipo de estudo sobre o patrimonio para analizar as consecuencias do proxecto.

Podedes consultar información máis completa na web da rede ContraMINAcción.

 

Engadir comentario (0)

VERDEGAIA APOIA AS RECLAMACIÓNS DE SOS PANADEIRA

Verdegaia súmase ás reclamacións de SOS Panadeira e dos veciños e veciñas de Sanxenxo que rexeitan totalmente o proxecto de construción dun peirao no porto deportivo Juan Carlos I que lles afecta directamente a praia dos Barcos e a praia da Panadeira. sanxenxoSumámonos tamén á solicitude de petición a Portos de Galicia de anulación da concesión outorgada.

As rías, ademais de ter unha xeomorfoloxía única, unha ampla biodiversidade e ser altamente produtivas como recurso natural, son unidades físico biolóxicas funcionais, onde calquera alteración nun punto concreto repercute en maior e menor medida sobre o seu conxunto.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia presenta alegacións ó PXOM de Bueu

bueuVerdegaia vén de presentar alegacións ó PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) de Bueu, redactadas polo colectivo ecoloxista LUITA VERDE.

 

Animamos a todo o mundo a tomalas como exemplo e presentalas se así o desexa.

 

A continuación pegamos o contido de ditas alegacións.

Engadir comentario (0)

Ler máis...