22 de setembro. Día sen Coches.

Dende Verdegaia convocamos a cidadanía galega a sumarse á convocatoria do Día Mundial Sen Automóbil, que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de setembro. Invitámosvos a esquecer o coche por un día para comprobar en vivo e en directo canto melloraría a redonda na que se desenvolven as nosas vidas se nos libramos dos malos fumes.mackinac street

 

Este día celébrase anualmente dende o ano 2000 para coincidir coa Semana Europea da Mobilidade. O Día Mundial Sen Automóbil é unha iniciativa descentralizada e autoxestionada

na que participan persoas, comunidades, vilas e cidades de todo o mundo. Orixinouse na Rede Internacional Sen Automóbil World Carfree Network (http://www.worldcarfree.net/) e ten por obxectivo reivindicar os beneficios económicos, sociais e medioambientais dos sistemas de transporte autopropulsados e públicos. Pretende tamén promover medios de transporte máis sustentables e un xeito novo de concibir o urbanismo que permita que as rúas e estradas sexan un lugar onde vivir e non só un espazo de tránsito.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

INICIATIVA DOS GRUPOS ECOLOXISTAS GALEGOS PARA PROHIBIR O USO DO CIANURO EN MINARíA

Este 11 de setembro representantes do movemento ecoloxista galego entregamos no Parlamento dúas iniciativas para a prohibir o cianuro en minaría, e obrigar ás mineiras a contar coas garantías suficientes para afrontar eventuais accidentes.

 

O USO DO CIANURO, UNHA LIÑA VERMELLA Cianuro-mata

 

Pretendemos que os grupos políticos con representación no Pazo do Hórreo trasladen ao ordeamento xurídico galego o contido da resolución aprobada polo Parlamento Europeo en 2010. Dita resolución pedía á Comisión que fixera efectiva a prohibición en todo o territrorio europeo das tecnoloxías mineiras baseadas no cianuro.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Mineira de Corcoesto, S.L. infravalorou os datos sobre o arsénico no seu proxecto

Desembocadura do Anllóns por Rozavales en FlickrUn informe científico cuestiona a clasificación dos estériles de mina como “non inertes non perigosos”, e pon de manifesto que a metodoloxía de predición e ensaio para valorar a mobilización do arsénico é claramente insuficiente, e estaría infravalorada no proxecto mineiro de Corcoesto. O estudo, feito de xeito desinteresado para a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, e asinado por doutores de Edafoloxía da Facultade de Farmacia da USC (Dr. David A. Rubinos, Dr. Francisco Díaz-Fierros e Dr. María Teresa Barral) e do Centro Universitario da defensa da Universidade de Vigo (Dr. Rosa Devesa-Rey), advirte que esta mobilización podería levar consigo graves efectos sobre o ambiente, e a saúde pública das poboacións expostas.

O arsénico presente de xeito natural nas rochas de Corcoesto presenta unha mobilidade limitada, mais dita mobilidade pode verse drasticamente incrementada polos cambios físico-químicos que se producirían coa explotación mineira. O método utilizado nos estudos de lixiviación por Edgwater, non é un método de referencia na UE, e non debería ser aceptado considerando os riscos para o ambiente e a saúde pública pola exposición ao arsénico. Recomendan que se fagan ensaios ecotoxicolóxicos cos estériles producidos a partir dos materiais da zona, e sobre a fracción do po fuxitivo (PM10) considerando os riscos asociados.

Engadir comentario (0)

Ler máis...