Verdegaia presenta unha moción sobre o cambio cambio climatico nos sete principais concellos galegos

seco.jpgA asociación ecoloxista Verdegaia presenta simultaneamente nos Concellos de A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense e Compostela a moción Estratexia Municipal fronte ao Cambio Climático na que propón un catálogo de medidas a adoptar dende os municipios para contribuír a reducir a incidencia do cambio climático. Verdegaia considera que os Concellos deben integrar a mitigación do cambio climático nas súas políticas, o que incidirá positivamente na prevención do maior problema ambiental global e na mellora da calidade de vida da cidadanía.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Manifesto en Defensa da Bicicleta

O panorama nas nosas cidades é hoxe en día desolador: as rúas convertidas en couto privado dos automóbiles, cos demáis usuarios da vía pública acantoados, fuxindo do perigo. Motos a escape libre, bocinazos, atoramentos, as beirarrúas empregadas como aparcadoiro. Toneladas de asfalto en forma de autovías e circunvalacións que actúan como barreiras, foxos infranqueables que fenden barrios e paisaxes. A función orixinal da cidade como espazo socializador, de intercambio cultural e interacción humana vese afogado no medio do caos circulatorio. O peón e o ciclista son especies ameazadas, en perigo de extinción.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia envía comentarios ao Ministerio de Medio Ambiente de cara á elaboración do PNA

Verdegaia presentou comentarios perante o Ministerio de Medio Ambiente dentro do período de consulta pública aberto para a elaboración do Plan Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión (PNA) para o período de 2008-2012, o principal instrumento para cumprir o Protocolo de Quioto. O Goberno central presentará proximamente unha proposta de PNA que deberá ser remitida á Comisión Europea antes do 30 de Xuño.

Engadir comentario (0)

Ler máis...