Verdegaia envía comentarios ao Ministerio de Medio Ambiente de cara á elaboración do PNA

Verdegaia presentou comentarios perante o Ministerio de Medio Ambiente dentro do período de consulta pública aberto para a elaboración do Plan Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión (PNA) para o período de 2008-2012, o principal instrumento para cumprir o Protocolo de Quioto. O Goberno central presentará proximamente unha proposta de PNA que deberá ser remitida á Comisión Europea antes do 30 de Xuño.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Informe de Verdegaia sobre as térmicas de carbón galegas e o cambio climático

saveclimate.jpgNa véspera do Día da Terra (22 de abril), iniciativa internacional dedicada neste ano ao cambio climático, Verdegaia presenta o informe “Centrais térmicas de carbón: grandes fábricas de cambio climático”. 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia denuncia fronte á Xunta o impacto sobre o clima das térmicas galegas

paremos.jpgCon motivo da celebración internacional do Día da Terra (22 de abril), dedicado este ano ao cambio climático, a asociación ecoloxista galega Verdegaia denunciou cunha acción, realizada hoxe pola mañá fronte á Consellería de Medio Ambiente primeiro, e logo fronte á Consellería de Industria, as elevadas emisións de gases causantes do cambio climático das centrais térmicas de carbón das Pontes (ENDESA) e de Meirama (UNIÓN FENOSA).

Engadir comentario (0)

Ler máis...