A central térmica de carbón das Pontes é o foco contaminante europeo que causa maiores danos á saúde

aspontes.jpgSegundo o estudo “Impacto sobre a saúde das emisións de grandes focos contaminantes”, realizado pola consultora inglesa EMRC para The Swedish NGO Secretariat on Acid Rain1, a central térmica de carbón de ENDESA nas Pontes é o foco emisor de toda Europa que maiores danos á saúde humana provoca por emisións de dióxido de xofre (SO2) e de óxidos de nitróxeno (NOX). De acordo co mesmo estudo, a central térmica de carbón de UNIÓN FENOSA en Meirama (Cerceda), ocupa o lugar 24 entre os maiores focos contaminantes da UE-25, Suíza e Noruega.

Engadir comentario (0)

Ler máis...