A poboación próxima a Fukushima recibirá altas doses radiactivas
- Detalles
- Publicado o Martes, 12 Xullo 2011 11:22
- Visitas: 519
Cando se cumpren catro meses do
accidente nuclear de Fukushima e cos reactores aínda fóra de control, comezan a
calcularse as doses radiactivas que recibirá a poboación. Os resultados mostran
que a evacuación se realizou de forma inapropiada e que miles de persoas van
recibir altas doses radiactivas.
A iniciativa ITT-Yasuní
- Detalles
- Publicado o Sábado, 09 Xullo 2011 15:41
- Visitas: 503
Ecoloxistas en Acción presentou un informe sobre a iniciativa ecuatoriana ITT-Yasuní de deixar un importante pozo petroleiro sen explotar a cambio do pagamento, en forma de devolución de débeda ecolóxica, da metade dos ingresos que xeraría a súa extracción. Os fondos recibidos servirían para a transición cara a unha sociedade non baseada nos combustibles fósiles. A publicación do informe coincide co anuncio de Alemaña de que non vai achegar fondos á devandita iniciativa e a paupérrima achega do Goberno español de só un millón de euros.
Verdegaia vén de presentar alegacións a varios parques eólicos
- Detalles
- Publicado o Luns, 04 Xullo 2011 12:10
- Visitas: 534
Verdegaia vén de presentar alegacións a diferentes parques eólicos contemplados dentro do novo concurso eólico. Lamentablemente, comprobamos que se segue sen procurar unha protección do territorio e sen buscar unha ordenación do territorio en base á cal decidir cales son as mellores zonas de aproveitamento eólico, mais limitando claramente as especies e hábitats máis delicados dentro da nosa comunidade.







