Declaración sobre o asasinato de Aldemar Parra Garcia

Mina Pribbenow Bench Blast -  Kelly Michals en FlickrVerdegaia súmase á condena do asasinato de Aldemar Parra García e expresa as máis profundas condolencias á súa familia.

Feitos

O 7 de xaneiro, Aldemar foi asasinado por dous pistoleiros sen identificar nunha motocicleta na ruta de El Hatillo a La Loma, en plena luz do día. Era un líder da comunidade e sindicalista activo, ata hai pouco empregado na mina de Colombian Natural Resources (CNR). Parra deixa esposa e dous fillos.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Apoio á comunidade de Megali Panagia na súa loita para evitar os danos da megaminaría

HalkidikiA pasada semana, persoas Verdegaia e ContraMINAcción, visitaron Megali Panagia, unha localidade de Halkidiki na Macedonia grega, moi próxima á mina de Skouries.

Halkidiki, o terceiro destino turístico de Grecia, vexe agora ameazado con este proxecto con 317 quilómetros cadrados de concesións mineiras que inclúen explotacións subterráneas, e a nova mina a ceo aberto en Skouries que planea crear segundo á empresa un cráter de 700 metros de diámetro, mais que probablemente será moito máis grande.

Esta mina, dende o primeiro momento, contou coa oposición da poboación local, das organizacións ambientais e cos informes negativos de organizacións científicas independentes. Porén, esta oposición foi brutalmente reprimida e os informes científicos ignorados. Mentres tanto, producíronse diversos procesos tramposos e escuros de transmisión de dereitos mineiros, exencións ilegais de impostos, construcións de estradas privadas a cargo do estado, etc.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

«As comunidades deben ter a última palabra sobre os proxectos mineiros»

ContraminaccionLousameA plataforma ContraMINAcción - Rede contra a minaría destrutiva na Galiza -que engloba máis de 20 colectivos e federacións (http://www.mineriagalicia.)- e a Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins»,  organizaron o xoves 23 de xullo a Xornada "O Impacto da Minaria nas Terras de Lousame", coa que se pretendía analizar o desembarco nas Minas de Sanfins da multinacional Sacyr da man dun grupo de inversión australiano así como a ampliación da canteira de Merelle en Tállara, da man de Prebetong, que pertence á multinacional brasileira Votorantim.

Engadir comentario (0)

Ler máis...