Preto de 100 organizacións de todo o mundo critican os plans da axencia das Nacións Unidas para a aviación

Recent deforestation on peatland for palm oil plantation -  glennhurowitz - Flickr - (CC BY-ND 2.0) Organizacións ambientais e de desenvolvemento dos cinco continentes enviáronlle hoxe unha carta aberta á axencia de aviación das Nacións Unidas (OACI), criticando a súa proposta de utilizar biocombustibles a grande escala na aviación. A carta asinada por 96 organizacións declara que o uso de biocombustibles a escala masiva terá como consecuencia inevitable a expansión da palma aceiteira [1], causando máis deforestación, aumentando as emisións que producen o cambio climático e máis roubos de terras e violacións de dereitos humanos. Esta proposta discutiraa esta semana (do 11 ao 13 de outubro) a Organización de Aviación Civil Internacional (OACI) na súa Conferencia sobre a Aviación e os Combustibles Alternativos en Cidade de México.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Contra a Lei de Depredación de Galiza (LFIIE).

(Un manifesto do non ao seu non; do si a outra posíbel Galiza)

 

LFIIEAvion

Un nome de verdade complexo para unha intención ben simple.

LFIIE

Fume de siglas para agocharse.

LFIIE

A proposta dun oco para a nosa terra.

LFIIE

Lei de Depredación de Galiza.

LFIIE

Saes do Parlamento coma un bicho, coma unha praga nos montes. Deixarás comestas as raíces do sentido das leis, as palabras. Lexislan para acumular maior desigualdade nos conflitos: menos defensas das máis, máis armas para os menos.

LFIIE

Pero a verdade non é unha mentira percutida.

A verdade non se fala nesa lingua, non está nos seus petos nin será decretada.

Non existe verdade nesta tinta LFIIE.

Non existe nestes momentos en Galicia unha preocupación compartida por axentes sociais e grupos políticos relativa á necesidade de tomar medidas para que a implantación empresarial na nosa Comunidade resulte aínda máis atractiva para os investidores.i

O que existe en Galiza é un apaño de elites políticas e económicas que queren facer deste lugar un espazo extractivo para o capital globalizado. Existen as grandes empresas mineiras, eléctricas ou forestais a querer máis facilidades para o seu negocio: maior acceso á terra e menos normas sociais e ambientais.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Lei da Depredación da Galiza

CorcoestoO PP ven de presentar hai uns días ao Parlamento galego, pola vía de urxencia, unha proposición de lei para impulsar proxectos empresariais eliminando trabas e reducindo prazos nas tramitacións. Sucede que entre esas trabas están cuestións relacionadas coas garantías legais á protección do medio ambiente e cuestións de interese público. Hai que ter en conta que non é o noso territorio destacado precisamente por un cumprimento estrito deste tipo de regulacións, co que esta iniciativa chega sobre una situación xa de por si problemática. Aquí podes ler un par de novas sobre o tema:

http://praza.gal/politica/14947/os-6-grandes-cambios-que-introduce-a-lei-de-iniciativas-empresariais-do-pp/

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/pp-da-patente-corso-mineiras-electricas-asaltaren-territorio-galego/20170912100635061195.html

Na práctica o que supón é reducir as ferramentas de defensa das comunidades afectadas ou os valores naturais fronte ás empresas e deixa ver unha vez máis unha clara posición de parte da administración en potenciais conflitos de interese. Con este tipo de medidas, por exemplo, sería moito máis difícil do que xa é facer oposición con certa posibilidade de éxito a un proxecto como o da mina de Corcoesto. Podes ler unha nota ao respecto da rede contraMINAcción:

http://www.contraminaccion.org/2017/09/14/non-ao-proxecto-de-lei-de-fomento-empresarial/

Engadir comentario (0)

Ler máis...