Verdegaia - Compostela

Esiximos unPlan especial das Brañas do Sar que teña en conta os valores naturaiss

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

braas_sar.jpgVerdegaia reclama un desenvolvemento do Plan especial das Brañas do Sar que teña en conta os valores naturais do Río Sar e a sua ribeira e non un plan para convertir as Brañas nun parque urbano mais dos varios que ten a Cidade. O Plan especial de ordenación, proteción, mellora medioambiental e acondicionamento das Brañas de Sar non parece amosar, na súa aprobación definitiva, unha maior sensibilidade ambiental aínda que insta o Concello de Santiago a adoptar unha serie de medidas correctoras na actuación urbanística.

 

O Plan pretende a transformación das Brañas de Sar nun parque urbano para conectar a Cidade da cultura co resto da Cidade, suliñando as maiores deficiencias ambientais que presenta esta zona da Cidade, mais dun xeito limitado e miope que non garante a conservación do rio nen das especies de fauna e flora que alberga.

 A modo de exemplo, podemos salientar que o Plan recolle que as augas cloradas da piscina verten ao rio sen tratamento de nengunha clase, que as obras e trazas do Colector de Sar continuan a ocupar as Brañas ou que as vivendas do Rueiro dos Muiños non están conectadas á rede de esgotos municipal e que no ámbito do Plan existen ata tres naves que nen figuran na información catastral.

 Non obstante, temos que criticar - como o propio Plan recoñece – que a actuación urbanística do Concello deixa fora do Plan amplas zonas das Brañas nas que se desenvolverán plans parciais e solos urbanizables, a construcion do Centro Superior de Investigacións Científicas, de mais aparcamentos e de mais instalacións deportivas.

 Esta “miopia” ambiental do Concello leva a que o Plan incorpore a prolongación do Rueiro dos Muiños ata o multiusos e autorice a construcion (ate catro plantas nalgún punto) do Parque Urbanístico 10, no que se construirá o futuro edificio do CSIC. Todo isto supon unha maior impermeabilización aínda e unha redución inadmisible da Cunca do rio, que afectará gravemente as especies que alí habitan e que tampouco permitirá ás praderías que van desaparecer que cumplan a misión de descarga que lles recoñece o Plan especial.

 Todas estas agresións, mais as asumidas polo planeamento municipal para os espazos adxacentes (Polígonos industriais de Costa Vella e A Sionlla, desdobramento da autoestrada, novas urbanizacións nas costas da Cidade da Cultura e mais instalacións deportivas fronte as piscinas de Sar levan aparellada unha perda irreversible da ribeira do Sar e dos seus ecosistemas.

 A ausencia dun estudo de impacto ambiental no Plan especial foi oportunamente denunciada por Verdegaia e priva á cidadanía de Compostela da oportunidade de participar na tramitación e desenvolvemento do mesmo con criterios sostibles para garantir o futuro do Rio Sar.

Powered by Bullraider.com