Verdegaia - Compostela

Ecoloxismo ou crise; ti escolles?

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

EcoloxismoOuCriseVerdegaia organizará unha actividade divulgativa sobre a relación entre a crise ecolóxica e a crise económica na facultade de Bioloxía o vindeiro mércores día 23 de outubro ás 19:30 horas.

Que estamos en crise ninguén o discute; mais, de que crise estamos a falar? Tan só ten importancia o paro, os desafiuzamentos, as quebras de empresas? Ou quizais sexa máis importante o cambio climático, o pico do petróleo ou a perda de biodiversidade?

A crise económica e a crise ecolóxica non poden enfrontarse como elementos illados ou mesmo contrapostos. Atopámonos ante unha crise sistémica onde a busca de alternativas non pode formularse sen esquecer a compoñente ambiental, non pode formularse sen esquecer a compoñente social.

O vindeiro mércores 23 de outubro, ás 19:30 h., na Aula 1 da Facultade de Bioloxía da USC, propoñémosvos participar nunha actividade na que coñecer mellor os detalles das crises –ambiental, social, económica–, e participar na creación de alternativas colectivas. Faremos un repaso da situación socioecolóxica galega, analizando as iniciativas que están a desenvolverse en materia de residuos, decrecemento, mobilidade, conservación de especies, espazos naturais, ecofeminismo, etc. E despois, tentaremos avanzar no deseño de accións para enfrontar a situación actual. Ecoloxismo ou crise, ti escolles!

Powered by Bullraider.com