Verdegaia - Compostela

Verdegaia organiza en Santiago a exposición “Dunas: espazos únicos a conservar”

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo
O núcleo comarcal de Compostela da asociación ecoloxista dunas_ladeira.jpgVerdegaia organiza en Compostela a exposición “Dunas: espazos únicos a conservar”, elaborada pola Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia. A exposición poderá visitarse gratuítamente do 17 ao 31 de Xullo no centro sociocultural de Conxo e do 1 ao 16 de Agosto no centro sociocultural das Fontiñas.

Con esta exposición preténdense dar a coñecer os valores naturais das dunas, divulgar a súa dinámica e concienciar para a conservación destes lugares, que tanto sofren nestas datas.

Os ecosistemas dunares son medios moi localizados xeograficamente e cunha diversidade biolóxica moi valiosa, principalmente pola súa adaptación a unhas condicións ecolóxicas moi particulares (salinidade, insolación, aridez, vento…), o cal aumenta a súa singulariedade dentro dos ecosistemas galegos.

É precisamente a súa localización preto das praias, a miúdo baixo unha grande presión turística, a principal ameaza destes sistemas. As persoas que acoden a praias con dunas poden facer moito para evitar a súa deterioración, se son conscientes da súa importancia e manteñen un comportamento respectuoso (non camiñar fóra de pasos, non deixar lixo, non aparcar,…).

A exposición está composta por cinco paneis onde se definen os ecosistemas dunares, se recolle un mapa cos lugares máis representativos a nivel galego, se explicitan os valores florísticos e faunísticos das mesmas e se apuntan as medidas necesarias para a súa conservación.

Powered by Bullraider.com