Verdegaia - Compostela

Domingo 22 de xaneiro. Roteiro ao Pico Sacro

Este domingo 22 de xaneiro temos un novo roteiro dentro do programa "Vai de Roteiros", no que nos achegaremos ao Pico Sacro. A saída será ás 9:30 dende a Estación de Autobuses de Santiago de Compostela (entrada superior); dende alí colleremos o autobús de liña ate Lestedo, onde comeza a ruta (dende o cruceiro, sobre as 11:00 h.). O roteiro ascenderá ate o alto do Pico Sacro, facendo paradas nos puntos que polo, seu interese paisaxístico, xeomorfolóxico e/ou histórico teñan unha maior relevancia. Para coñecer máis deste espazo, as súas características e lendas, contaremos cun xeógrafo persoa experta en paisaxe, alén das achegas que poidan/queiran facer os asistentes; así mesmo, visitarase o centro de interpretación do Pico Sacro, xestionado polo concello de Boqueixón. Faremos paradas explicativas sobre paisaxe e impactos na comarca.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

O tráfego e FINSA fan que a calidade do aire en Santiago non sexa boa

_dsc0123.jpgA xuízo de Verdegaia, do mapa que vén de facer público a Organización Mundial da Saúde (OMS) sobre a calidade do aire no mundo non se pode concluír que a calidade do aire en Santiago sexa satisfactoria. Aínda que, segundo este estudo, a contaminación por partículas inferiores a 10 micras (PM10) foi a menor durante 2008 entre as 28 cidades españolas analisadas e non superou o valor recomendado pola OMS, unha análise máis ampla pon en evidencia a deterioración da calidade do aire en Santiago, nomeadamente nas rúas con máis tráfego e na contorna da fábrica de FINSA.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Xoves 2 de xuño. Avlancha ciclista popular

avalancha2.jpgComo parte do programa das Festas Populares de Compostela 2011(1), Verdegaia organiza unha Avalancha Ciclista Popular que, con saída dende a praza do Obradoiro o vindeiro xoves 2 de xuño, ás 12:00, e regreso ao mesmo lugar, levaranos a efectuar unha conquista festiva e simbólica da Cidade da Cultura. A obxecto de participar das Festas Populares de Compostela deste ano e reivindicar no concello de Compostela unha cultura máis participativa e apegada á cidadanía e menos baseada en infraestructuras descomunais e lesións ás arcas públicas e o medio ambiente, Verdegaia propón a grandes e pequen@s, deportistas ou non, un roteiro ciclista lúdico e reivindicativo: a Avalancha Ciclista Popular.


Engadir comentario (0)

Ler máis...