Verdegaia - Compostela

A onde van as augas residuais en Santiago?

Dános vergoña pensar que sexa a Comunidade Europea a que nos teña que multar polo  incumprimento da normativa de depuración de augas residuais. É importante lembrar que as augas residuais urbanas non depuradas constitúen un perigo para a saúde pública e a fonte máis significativa de contaminación de augas costeiras e interiores.

Un total de 9 cidades galegas non cumpren esta normativa: A Coruña, Santiago, Vigo, Cariño, Ribeira, Noia, Baiona, Tui e Viveiro.

Dende Verdegaia queremos dar a coñecer o que acontece no Concello de Santiago.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia demanda que o concello compostelán lidere a mudanza fonda e necesaria do sistema de mobili

 Compostela atópase próxima ao colapso circulatorio. Segundo datos recollidos polo propio Concello, o 53% dos desprazamentos no municipio realízanse nalgún dos 53.000 vehículos matriculados nesta cidade de 100.000 habitantes ou por algunha das 100.000 persoas que acceden diariamente á contorna urbana, fundamentalmente desde Ames, Oroso, Brión e Teo. Dita contorna foi construída na súa meirande parte nas décadas de 1960 e 1970, cando as cifras de tráfico eran infinitamente inferiores, polo cal carece da capacidade física —xa non digamos, ambiental— para asumir ese nivel de tráfico.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Precisase un esforzo serio para correxir o sistema de separación de residuos en Compostela

En novembro de 2003, o concello de Compostela optou por se adherir a SOGAMA para a xestión dos RSU (residuos sólidos urbanos) nun pleno en que non se admitiu público e coa porta de Raxoi bloqueada por decenas de policías locais á espera de non se sabe qué. A maioría d@s representantes decidiu meter a capital de Galiza nun sistema xa naquel momento colapsado e fracasado, mais que ofrecía un prezo «político» por un servizo de xestión dos RSU que non se realiza efeitivamente; un prezo que, por certo, ten aumentado cos anos, por non falar das contrapartidas que a Xunta ofreceu ao concello por baixo da mesa.

Engadir comentario (0)

Ler máis...