Verdegaia - Compostela

Eleccións municipais 2011: a urna da sustentabilidade

O vindeiro 22 de maio celébranse eleccións municipais e, novamente, atopamos unha realidade socio-ambiental moi mellorable a nivel galego e tamén no eido local. Verdegaia quere dar a coñecer algúns aspeitos da realidade ambiental do concello de Santigao de Compostela e para iso, durante estas semanas sacará unha serie de notas de prensa temáticas nas que se analizará o estado de diferentes aspeitos ambientais cunha óptica constructivista.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Tertulias con ... Damián Copena sobre economía global. Mércores 30 en Compostela

Como funciona a economía  do sistema capitalista?, como nos afecto no día a día?, qué deberiamos coñecer dela como cidadáns? Estas preguntas e outras que poidamos ter,  tentará contestalas Damián Copena, investigador no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e experto en economía ecolóxica este mércores 30 de marzo no decurso desta nova edición de "Tertulias con" .. organizadas por Verdegaia Compostela

Data: mércores 30 de marzo. Hora: 20:30. Lugar: Pub Paraíso Perdido. San Paio de Antealtares, 3 Santiago de Compostela,

Engadir comentario (0)

Ciclo cinema "Coñecer para Cambiar" 2º filme

logowebcinemaconhecercambiar.jpg

Food Inc (2008) de Roberto Kenner. 94 min. Expón a realidade da industria alimentaria norteamericana, controlada por unhas poucas corporacións que poñen o lucro por riba da saúde, das condicións laborais ou da protección ao medio ambiente

Esta quinta-feira, 10 de febreiro, temos a segunda proxección do ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar” organizado por Amarante Setem e Verdegaia. O ciclo desenvólvese do 3 de febreiro ao 03 de marzo no local social que comparten ambas as organizacións na Avda. Romero Donallo, nº 17 en Compostela. As proxeccións terán lugar os xoves ás 20:30 horas e a entrada é de balde até completar o aforo (30 persoas).

 

Engadir comentario (0)

Ler máis...