Verdegaia - Compostela

Feira de troco na Praza de Abastos Compostela - Xaneiro 2011

trocoabastos.jpgEste sábado, 29 de xaneiro, ven trocar á Praza de Abastos aquelas cousas que tes pola casa e non precisas, mais teñen aínda un valor que lle poden tirar outras persoas. En colaboración coa asociación de comerciantes da Praza de Abastos de Compostela convócase esta feira de troco que, como outros anos, Verdegaia organiza todos os últimos sábados de cada mes neste tradicional recinto de calidade e sustentabilidade. Esta actividade encádrase dentro da campaña permanente de Verdegaia: Consomes ou Devoras?

 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Tertulia ecoloxista "As Brañas de Sar"

minuattertuliaecoloxistabranhas.jpgNova Tertulia ecolóxistas no bar  "O Paraiso Perdido" de Compostela. O tema para este cuarta-feira, 19 de xaneiro, será "As Brañas do Sar", contando con Marcos López Pena, membro da Gentalha do Pichel, unha das persoas que están a seguir o tema dos informes e o plano especial de urbanismo.

 

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Feira de troco na Praza de Abastos de Compostela para xaneiro 2011

trocoabastos.jpgO último sábado deste mes de decembro cadra co dia de Aninovo, e portanto facemos un descanso na convocatoria mensal da feira de troco que organiza Verdegaia na Praza de Abastos de Compostela. Será para o sábado 29 de xaneiro de 2011 cando teremos de novo oportunidade de nos achegar á feira de troco na procura dalgún obxecto que nos pode facer avío, levar algunha cousa que estando en bo uso pode ser de interese noutro lar, e pasar uns intres de lecer responsábel, curiosidade, e desconexión do consumismo devorador.

 

Engadir comentario (0)

Ler máis...