Verdegaia - Compostela

Viver com menos! - charla obradoiro

Capa libro Toni LodeiroConsumo consciente: mil e umha dúvidas... e umha cheia de ideias prácticas. Verdegaia e Panxea organizamos nesta terça-feira, 21 de dezembro, às 20:00 horas, no local de Panxea (Rua da Rosa 36, baixo) um encontro ameno e participativo para conhecermos-nos e conectarmos-nos. Partilharemos as nossas dúvidas e dificuldades, e também respostas, ideias prácticas, endereços, contactos... com Toni Lodeiro, autor do livro "Consumir menos, vivir mejor ". Viver com menos nom so é necessário para constroir um mundo mais solidário e sustentável, também pode ser umha maneira de fazer o nosso dia a dia mais relaxado e satisfactório, mais gozoso e saudável. Nesta aventura que supon baixar o ritmo temos de nadar contra a corrente, e nos encontramos a miúdo sozinhas e incompreendidas, às  vezes até sabotadas. Outras vezes  falta-nos informaçom, tempo, dinheiro… nem sempre é doado fazer as cousas como gostariamos…

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Mulleres afegás RAWA - Charla da activista Mitra

A muller afegá no rexime fundamentalistaRAWA é a organización político-social das mulleres do Afeganistán que loitan na clandestinidade desde 1977 pola paz, a liberdade, a democracía e os dereitos das mulleres nun país flaxelado polo maligno rexime fundamentalista. No serán da vindeira quinta-feira acolleremos a Mitra, unha rapariga de 26 anos, activista afegá de RAWA que está a percorrer as nosas terras. A charla terá lugar o 9 de decembro, ás 20:00, no local de Amarante e Verdegaia en Compostela (Av. de Romero Donallo 17). En Vigo o sábado 11 de decembro, ás 19:30, na Cova dos Ratos, Romil 3. Contamos convosco para Mitra sentir o noso interese e agarimo, aprendermos da suas vivencias, mais tamén para lle darmos azos como pobo valedor da xustiza social, da paz e a sustentabilidade ecolóxica.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Verdegaia alega contra a instalación dunha cementeira en Padrón

fabricaformigon.jpgA asociación ecoloxista Verdegaia vén de apresentar alegación á planta cementeira que se pretende instalar no poligono empresarial de Pazos, perto de Padrón. A tramitación da licenza municipal está envolvida de irregularidades como a emisión dos informes municipais en menos de 24 horas desde a apresentación da solicitude por parte da empresa. A planta pretende localizarse a douscentos metros dos núcleos de Pazos e Lamas, a carón do río Sar e na área periurbana de Padrón.

Engadir comentario (0)

Ler máis...