Verdegaia - Compostela
Praza de Abastosde Compostela: un novo parque temático?
- Detalles
- Publicado o Xoves, 12 Abril 2012 13:44
- Visitas: 434
Verdegaia rexeita o proxecto de instalar dous restaurantes e oito locais de tapas na Praza de Abastos de Compostela e pide ao Concello que, en troques, empregue as capacidades á súa disposición para abrir un proceso de diálogo no que participen os sectores implicados e a cidadanía e mellorarmos así, en conxunto, o acceso e a presenza no mercado das persoas usuarias del, sexan produtoras, vendedoras ou consumidoras.
Segundo informacións recentemente recollidas por medios de comunicación locais1, o Concello de Compostela está a estudar un plano en virtude do cal engadirá ao programa de remodelación da praza de abastos a instalación de dous restaurantes e seis locais de tapas na nave número cinco.
A crise non salvou Cotaredo
- Detalles
- Publicado o Martes, 20 Marzo 2012 17:41
- Visitas: 314
Crónica do "Vai de Roteiros" no Pico Sacro.
- Detalles
- Publicado o Xoves, 09 Febreiro 2012 19:34
- Visitas: 326
O pasado domingo 22 de xaneiro perto de 50 persoas participaron nunha actividade organizada por Verdegaia dentro do seu programa anual “Vai de Roteiros”. Desta volta o roteiro tiña por obxecto o ascenso ao Pico Sacro, nas proximidades de Compostela. Tras achegarmos a Lestedo en autobús, o grupo ascendeu a pé ata o cumio guiado polas explicacións dun xeógrafo experto en paisaxe. Neste roteiro tratouse o concepto fundamental de paisaxe cos elementos que o conforman como a paisaxe construída, a vexetación potencial, os elementos condicionantes morfolóxicos e os fenómenos fundamentais que modifican a paisaxe tradicional.







