Verdegaia - Coruña
Somos cidade! Plataforma pola mobilidade da Coruña
- Detalles
- Publicado o Martes, 07 Febreiro 2012 19:35
- Visitas: 331
O próximo mércores 8 de febreiro, a Plataforma pola Mobilidade vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade. O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!
Roteiro polas Fragas do Eume - Val de Xestoso
- Detalles
- Publicado o Luns, 24 Novembro 2008 16:42
- Visitas: 3485
O vindeiro 29 de novembro, o N.C. de Verdegaia na Coruña organiza un roteiro polas Fragas do Eume, na zona do Val do Xestoso, para dar a coñecer os valores naturais desta parte das Fragas que permanece descoñecida se a comparamos coa súa irmá, a Fraga de Caaveiro.







