Verdegaia - Coruña
Máis información
- Detalles
- Publicado o Martes, 10 Abril 2007 19:27
- Visitas: 2795
Se queres estar ao tanto das actividades que desenvolvemos en Compostela e non eres socio/a subscríbete á nosa lista de distribución!
quioto
- Detalles
- Publicado o Sábado, 17 Febreiro 2007 18:36
- Visitas: 1479
|
O 16 de febreiro de 2005 entrou en vigor o Protocolo de Quioto. Este acordo internacional aplícase aos países industrializados e fixa límites ás emisións de dióxido de carbono (CO2) e doutros gases que provocan o cambio climático. Se non se reducen drasticamente as emisións destes gases ao longo das próximas décadas, a comunidade científica advírtenos que as consecuencias ambientais, sociais e económicas serán moi negativas para o conxunto do planeta, tamén para a nosa terra.
No
marco do Protocolo, España
comprometeuse a non superar en máis dun 15% as
emisións
de gases de efecto invernadoiro que había en 1990 para 2012.
Porén, en 2006 xa emitiu un 52% máis, sendo o
estado
europeo máis afastado do cumprimento de Quioto. Galicia
contribúe a iso, pois en 2005 xa emitira un 45 %
máis
que en 1990. O desafío do cambio climático, pola súa urxencia e dimensión, esixe unha resposta enérxica por parte dos poderes públicos e da cidadanía, moi especialmente nos países enriquecidos. Se ao longo dos próximos 10-20 anos non se dá esa resposta, as consecuencias do cambio climático serán moi desastrosas. O cambio climático é unha ameaza certa, mais tamén unha oportunidade para impulsar a transición cara a sustentabilidade. Cumprir o Protocolo de Quioto a través de cambios estruturais, sobre todo nos sectores da enerxía e do transporte, é unha contribución moi valiosa para unha Galicia e un mundo sustentables.
|
|







