Verdegaia - Coruña

Verdegaia medra: Novo NC na Coruña e representante local en Ribeira

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Sábado 31 de Maio celebrouse a asemblea constituínte do Núcleo Comarcal de Verdegaia na Coruña. Con este, son cinco os Núcleos Comarcais de Verdegaia, aos que hai que engadir, ademais, a designación ―na Comisión Coordenadora Xeral de 24 de Maio― dunha representante local en Ribeira. 

A asociación ecoloxista Verdegaia organízase territorialmente en Núcleos Comarcais (NCs). Desde a súa constitución, Verdegaia contou con catro NCs: Ferrol, Eume e Ortegal (que abranxe estas tres comarcas oficiais e os concellos de Viveiro e O Vicedo), Compostela (comarcas de Santiago e Sar e concellos de Oroso e Trazo), Vigo (comarcas de Vigo, O Condado, A Paradanta e O Morrazo ―salvo Marín) e Ourense (comarcas de Ourense, Allariz, Celanova e Maceda). Desde o pasado 31 de Maio sómaselles máis unha, a da Coruña, que abranxe a comarca oficial do mesmo nome.

A Comisión Coordenadora do NC da Coruña está integrada por Fernando Picón (coordenador), Xosé Manuel Taboada (secretario) e Francisco García (tesoureiro). As prioridades de traballo acordadas para o período interasemblear priorizan cinco asuntos: defensa da ría, mobilidade, residuos, descargas de carbón e urbanismo.

Ademais deste novo Núcleo Comarcal Verdegaia conta, desde a xuntanza da Comisión Coordenadora Xeral de 24 de Maio, cunha representante local en Ribeira: Nela Abella. 

Powered by Bullraider.com