Verdegaia - Ferrol
Pico Vello: A Xunta de Galicia omitiu información na Declaración de Impacto Ambiental
- Detalles
- Publicado o Venres, 05 Novembro 2010 15:58
- Visitas: 1045
Esta revisión vén motivada polas denuncias de diferentes colectivos ecoloxistas nas que poñemos de manifesto que as valoracións de impacto ambiental fanse unicamente sobre unha das dúas cuncas fluviais afectadas realmente, a do río Eume, excluíndo a cunca do río Belelle.
Se ben podería tratarse dun "erro técnico", aínda que iso non resta gravidade, un informe de Augas de Galicia do que tivemos coñecemento en días recentes e que foi elaborado en xuño de 2008 para o Informe de Impacto Ambiental, sinalaba xa entón que a explotación mineira si afectará ao nacemento do río Belelle (nese tramo chamado "Rego Cernadas") e será o "que mayor afección va a sufrir dado que (...) se estima que alrededor de unos 400 m de cauce de arroyo van a desaparecer".
A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental non só ignorou este informe de Augas de Galicia, senón tamén as alegacións dos colectivos ecoloxistas que en 2007 advertiamos da desaparición de parte do nacemento do río Belelle no caso de autorizarse a explotación mineira. Descoñecemos o motivo polo que a Secretaría omitiu a información recollida en dito informe de Augas de Galicia e deu publicidade a unha DIA neglixente e cun contido "falso".
Informe Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental







