Verdegaia - Ferrol

16 de xaneiro. Roteiro pola Costa Artabra. Vai de Roteiros 2011

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

Roteiro: L.I.C. Costa Ártabra; treito: costa acantilada de Ares.

Data: Domingo, 16 de xaneiro.

Partida: Ás 10:30 hs da Praza de Galiza (Ferrol) en autobús regular, calculando chegar a Ares arredor das 11:00 hs.

Remate: Ás 18: 30 hs no Mosteiro de Sta. Catalina (Montefaro); recolleranos un autobús para regresar a Ferrol.

Percorrido do roteiro: 15 Km, con dificultade media-baixa.

Iniciarase o roteiro na Vila de Ares rematando na outra extrema da costa, no Mosteiro de Santa Catalina (Montefaro). Visitaremos os últimos vestixios do Castelo de Ares, engulidos pola vexetación, nas proximidades do porto. Bordeando a costa acantilada observaremos fermosas panorámicas da Ria de Ares, coas Illas Miranda en primeiro plano. Continuaremos o percorrido até a Punta Insuela, para coñecermos o castro marítimo e as Bocas do Sangue; denominación que recibe unha cova de aproximadamente 130 m de lonxitude. Desde aquí continuaremos o percorrido cara Punta Avarenta, para coñecer o impacto da E.D.A.R. - Sul nesta paraxe natural. Logo continuaremos bordeando a costa até chegar a Chanteiro, para coñecer a Capela de Nosa Señora da Mercede (S. XIV). Camiñaremos de novo cara Punta do Segaño para visitar as fortificacións e baterías de defensa costeira onde, ademáis, poderase contemplar o impacto ambiental do Porto Exterior sobre a ria de Ferrol. Desde aquí, subiremos pola aba ocidental de Montefaro para coñecer as baterías defensivas da Pena do Lagarto e da Bailadora, disfrutando ao mesmo tempo de fermosas panorámicas. Xa no alto da Bailadora, a 266 m sobre o nivel do mar, descenderemos cara o Mosteiro de Santa Catalina, onde remataremos o roteiro.

Por suposto, no transcurso do roteiro faremos un alto no camiño para xantar e repousar nun lugar a convir.

Ademáis do xantar, recoméndase levar  roupa e calzado axeitados.

Prezo Soci@s: 5 Euros.

Prezo Non Soci@s: 7 Euros.

Prazo de Inscrición: Até o Venres 14 de xaneiro.

Contactos: 616039268 (Antón); 661636946 (Miguel); This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.


Powered by Bullraider.com