Verdegaia - Ferrol

Verdegaia esixe a paralización e desmantelamento de REGANOSA

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

ConcentraciónCCE

O Tribunal Supremo desestimou a apelación de REGANOSA e confirmou a nulidade da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mugardos por carecer da Declaración de Impacto Ambiental. Dende Verdegaia, sumámonos á esixencia do Comité Cidadán de Emerxencia para que se execute a sentenza, paralizando a actividade da planta de REGANOSA e apostando polo seu desmantelamento. Esta instalación é unha ameaza permanente para milleiros de persoas da bisbarra, un foco de contaminación para a ría de Ferrol e supón un enorme perxuízo para os bancos marisqueiros.

Non é nada novo que a planta de REGANOSA é unha instalación ilegal. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en 2008, que o Tribunal Supremo confirmou estes días, recolle a nulidade da modicación do PXOM de Mugardos para permitir a instalación de REGANOSA, posto que non conta coa Declaración de Impacto Ambiental. A política de feitos consumados do Concello de Mugardos e dos diferentes gobernos da Xunta de Galiza, ampararon a construción dunha planta que contén máis de 150.000 T. de gas natural licuado. Segundo o Comité de Emerxencia, isto é equiparable a 12 millóns de bombonas de butano de uso doméstico colocadas cerca das nosas vivendas sen garantías ambientais nin de seguridade.

Tamén nos recorda o Comité, nun comunicado feito público recentemente, que REGANOSA é unha instalación deficitaria que nos custou a toda a cidadanía no ano 2011 preto de 58 millóns de euros. A súa produción non acadou o 40% da capacidade e durante este mes de xuño debe paralizar a súa actividade entre 8 e 12 horas diarias por falta de contratos de subministro.

Powered by Bullraider.com