Verdegaia - Ferrol

Verdegaia-Ferrol organiza a presentación en Ferrol do libro "Durmiendo con lobos", de Andoni Canela

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo
Portada libro Durmiendo con LobosO vindeiro luns, 19 de xaneiro, ás 19:00 h, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, Verdegaia-Ferrol organiza a presentación do libro "Durmiendo con lobos", do fotógrafo navarro Andoni Canela. 
Agardamos que este acto sirva como reivindicación do lobo en Galicia, onde foi sempre unha especie perseguida polo ser humano case ata o punto da súa extinción. 
Estamos seguros de que será unha charla amena e de que servirá para achegarse a un dos mellores fotoperiodistas de natureza de España, que colabora con publicacións tan prestixiosas como La Vanguardia, El País, National Geographic, Geo, BBC Wildlife, The Sunday Times, Newsweek y Time.
Powered by Bullraider.com